Día de la Paz, MANIFIESTO


MANIFIESTO

A cultura é como vivimos as nosas vidas; como pensamos, falamos e nos comportamos. Cando facemos todas estas cousas como valores positivos, entón vivimos unha cultura real de Paz.

Por elo comprométome na miña vida diaria, coa familia, cos amigos e no Colexio a:

  1. Respectar a vida e a dignidade de cada persoa, sen discriminación nin prexuízos.
  2. Practicar a non violencia activa, rexeitando a violencia en todas as súas formas: física, sexual, psicolóxica, económica e social, en particular cara os máis débiles e vulnerables como os nenos e os adolescentes.
  3. Compartir o meu tempo e os meus recursos materiais, cultivando a xenerosidade á fin de rematar coa exclusión, a inxustiza e a opresión política e económica.
  4. Defender a liberdade de expresión e a diversidade cultural, con escoita e diálogo, sen ceder ao fanatismo nin á maledicencia e o rexeitamento ao próximo.
  5. Promover un consumo responsable e un modo de desenrolo que teña en conta a importancia de todas as formas de vida e o equilibrio dos recursos naturais do planeta.
  6. Contribuír ao desenrolo da miña comunidade, propiciando a plena participación das mulleres e o respecto dos principios democráticos co fin de crear xuntos novas formas de solidariedade. 

Comentarios